xoves. 12.02.2026
El tiempo

Os grupos da oposición de Corcubión piden anulación das sancións das cámaras de tráfico na Praza Castelao

Antes e despois da peonización da Praza Castelao
Antes e despois da peonización da Praza Castelao
Os grupos da oposición de Corcubión piden anulación das sancións das cámaras de tráfico na Praza Castelao

Volve a peonización da Praza de Castelao á escena na política corcubionesa. Os tres grupos da oposición de Corcubión (PSOE, PP e Sempre Corcubión), piden un pleno extraordinario para instar á anulación das sancións das cámaras de tráfico na Praza Castelao, debido aos numerosos erros detectados e á falta de garantías legais no procedemento sancionador.

Segundo os socialistas, a implantación e xestión destas cámaras, promovidas no marco do plan de tráfico impulsado polo BNG no centro urbano, "evidenciou unha aplicación deficiente e chea de incidencias". 

Os grupos da oposición consideran que esta situación está a provocar un evidente malestar social, afectando tanto a residentes como a visitantes, e poñendo en cuestión a correcta actuación do goberno local.

Desde a oposición reiteran que "a mellora da mobilidade e da convivencia no centro urbano é necesaria, pero subliñan que calquera medida debe aplicarse con rigor, transparencia e respecto absoluto á legalidade e aos dereitos da cidadanía".

Comentarios