Sábado. 12.10.2024
El tiempo

15 veciñas de 5 nacionalidades aprenden galego no programa "A Laracha acolle"

2022.12.18.- A Laracha Acolle
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, realizaron unha visita
15 veciñas de 5 nacionalidades aprenden galego no programa "A Laracha acolle"

Actualmente son 15 as persoas asistentes que participan no programa "A Laracha Acolle". Veciñas naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal, participan neste proxecto que ten como finalidade a súa inclusión social e cultural.

Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda, o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e, pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.


As persoas interesadas en participar no programa A Laracha acolle deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ben acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.

Comentarios