Soandres celebra a sía romería Reindivicativa de Santa Marta
Festa e loita mestúranse en Soandres, na Laracha. Porque a batalla social contra a macroplanta de biogás trascende a todas as esferas. Ata a troula, e por iso a Romaría Santa Marta do vindeiro mércores 29 será en clave reindicativa "Pola Terra".
Desde tres puntos da parroquia camariñán xuntos ata o Mosteiro de Soandres, onde os combativos peregrinos da terra serán recibidos polos gaiteiros da Asociación cultural Queiroga antes de dar comezo á misa.
"Unha xornada para compartir as nosas raíces, fortalecer a unión da veciñanza e reafirmar o noso compromiso coa defensa da nosa terra, da nosa auga e do noso patrimonio", explican.
As saídas serán dende o Bar Estanco – Villamir ás 12:15 h; dende o Bar Paco – Borreiros ás 12:00 h e dende Campo de Medado (marquesina do cruce a Boimir) tamén ás 12:00 h, para chegar xuntos ao Mosteiro, o epicentro da loita veciñal, ás 12:45.
"Porque defender Soandres tamén é manter as tradicións que herdamos e que queremos legar ás xeracións vindeiras. Porque hai camiños que unen un pobo".



