xoves. 05.06.2025
El tiempo

3 obradoiros sobre os dereitos do consumidor na Laracha

cartel programa consumo Laracha
3 obradoiros sobre os dereitos do consumidor na Laracha

A Casa da Cultura da Laracha acollerá tres xornadas participativas do programa Consumo en ruta: coñece os teus dereitos que impartirá o Instituto Galego de Consumo e da Competencia no marco do Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 da Xunta.

A través deste programa convídase á cidadanía a coñecer máis sobre os seus dereitos como persoas consumidoras e sobre as ferramentas que a Administración autonómica pon ao seu dispor para asesorarlle, acompañarlle e, en último caso, axudarlle a restituír os seus dereitos.

Este xoves (5 de xuño) realizarase a primeira xornada baixo o título Coñece os teus dereitos como consumidor. O xoves da semana que vén (día 12) será a quenda para Os teus dereitos nos subministros do fogar. E a programación finalizará o xoves 19 de xuño abordando os Servizos financeiros e bancarios.

As sesións desenvolveranse en todos os casos a partir das 19:00 horas e terán unha duración aproximada de sesenta minutos.

Finalizarán cun espazo aberto de resposta a calquera dúbida en materia de consumo, teñan ou non relación coa materia a tratar na correspondente sesión formativa.

A participación é gratuíta e sen necesidade de inscrición previa

Comentarios