Venres. 26.04.2024
El tiempo

#8M: Os centros de ensino da Laracha recibirán mulleres traballadoras

Programa 8M Laracha 2023 2
#8M: Os centros de ensino da Laracha recibirán mulleres traballadoras

En conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Concello desenvolverá en torno ao 8 de marzo unha programación municipal dirixida a visibilizar esa data e a mostrar a sensibilización na procura da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero. Un programa coordinado polo Centro de Información ás Mulleres da Laracha e conta co financiamento do Ministerio de Igualdad a través do Pacto de Estado contra la violencia de género.

O acto central será a concentración na Praza do Concello que se vai realizar o propio 8 de marzo a partir das 19:00 horas e na que se convida a asistir a toda a cidadanía. Consistirá na lectura dun manifesto por parte de veciñas e veciños do municipio na que se reivindicará o papel da muller. O acto pecharase cunha actuación musical a cargo de A Casa da Música.

O resto das iniciativas lévanse a cabo integramente nos centros de ensino. Nesta semana comezaron os obradoiros de formación en igualdade e visibilización do 8 M que se imparten durante o horario lectivo nas aulas de 5º e 6º de primaria dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión, e en todos os cursos de secundaria do IES Agra de Leborís.

Ademais, o xoves 9 de marzo celebrarase, coa colaboración de Celsa Atlantic, unha última actividade na Casa da Cultura na que participará o alumnado de 4º de secundaria e de 1º e 2º de bacharel do IES Agra de Leborís. Consistirá nun encontro con dúas mulleres que traballan na planta siderúrxica da Laracha enmarcado na campaña #MujeresDeAcero que impulsa a citada multinacional española .

Este programa municipal en torno ao 8 de marzo é

Comentarios