Acondicionan a parcela do Menhir de Erboedo

07:47 03/06/25
O Concello da Laraca está a acometer labores de limpeza e acondicionamento na parcela na que se atopa o menhir de Erboedo, o único exemplar deste tipo do que se ten constancia na Costa da Morte e que forma parte do patrimonio municipal.
Os traballos, que se realizan baixo control arqueolóxico, consisten na roza da vexetación e limpeza do contorno coa fin de preservar a visibilidade do menhir e asegurar a súa correcta integración paisaxística.
O obxectivo final é poñer en valor este destacado elemento para que se atope nas mellores condicións posibles para animar á veciñanza a visitalo e coñecer o legado histórico larachés.
