Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Alba Toba, nova Secretaria Xeral do PSOE da Laracha

PSOE Laracha 2022
Alba Toba, nova Secretaria Xeral do PSOE da Laracha

O PSdeG-PSOE da Laracha convocou unha Asemblea extraordinaria para renovar a súa Comisión Executiva Municipal e empezar a preparar as eleccións municipais de 2023, unha cita que o partido afronta “coa ilusión de conseguir o cambio que tanto necesita este concello”, en palabras da nova Secretaria Xeral, Alba Toba. A actual concelleira contou co apoio da militancia para relevar no cargo a Palomi Rodríguez Castiñeira, que permanece no equipo asumindo a Secretaría de Acción Electoral e Administración.

A nova Executiva contará tamén con José Suárez como presidente; José Martínez Ageitos como Secretario de Organización; Estrella Mañana á fronte da Vicesecretaría de Igualdade; José Antonio Barbeito como vicesecretario de Política Municipal; Héctor Suárez Prego á fonte da área de Formación e Eduardo García Pazos na de Deportes.

A Asemblea acordou a designación de Emilia Ferreiro como representante da Agrupación Local da Laracha no Comité Provincial da Coruñ.

Comentarios