Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O alcalde da Laracha trasládalle á Consellería as demandas das comunidades escolares

O alcalde da Laracha co Conselleiro de Educacion
O alcalde da Laracha co Conselleiro de Educacion
O alcalde da Laracha trasládalle á Consellería as demandas das comunidades escolares

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil delegada da área de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela co conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, para analizar a situación actual dos centros de ensino do termo municipal da Laracha e facerlle chegar as reivindicacións
das comunidades educativas.

En relación ao CEIP Otero Pedrayo, os representantes municipais solicitaron ao conselleiro a incorporación dun mestre especialista en pedagoxía terapéutica e outro en audición e linguaxe a tempo completo ante as necesidades que presenta o alumnado no actual curso escolar segundo o informe presentado pola dirección do colexio.
Tamén aproveitaron a ocasión para presentarlle a Román Rodríguez o proxecto de acondicionamento dos espazos xunto ao centro de ensino adquiridos polo Concello para mellorar os accesos, crear unha nova entrada principal e habilitar zonas de aparcamento, ademais de incrementar os espazos dotacionais vinculados ao colexio.

No caso do IES Agra de Leborís, tratouse a necesidade de ampliar os espazos educativos para dispoñer dunha maior capacidade e reducir e ratio de alumnos por aula e, así, favorecer unha mellor organización no centro, o aumento na calidade do proceso de aprendizaxe e dar unha máis óptima resposta aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo. Tamén solicitaron incrementar o número de profesores e abordaron a posibilidade de implantar ciclos formativos na Laracha.

Para o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco reclamaron a construción dun novo local multiusos que poida funcionar tanto de novo comedor escolar ante o incremento que se está a rexistrar no número de usuarios como de almacén para atender as necesidades do propio colexio.

Comentarios