Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os alcaldes de Arteixo, A Laracha e Carballo piden un tren para a área loxística de Punta Langosteira

Alcaldes da Laracha Carballo e Arteixo
Alcaldes da Laracha Carballo e Arteixo
Os alcaldes de Arteixo, A Laracha e Carballo piden un tren para a área loxística de Punta Langosteira

Reuníronse esta mañá de venres os alcaldes de Laracha, Carballo e Arteixo, para analizar as posibilidades que ofrece para a comarca o porto exterior de Punta Langosteira. Xa levan tempo formulando a idea de crear unha gran área loxística na zona de influencia da infraestrutura internacional, e para iso, unha das meirandes necesidades é a comunicación.

De aí que traballen na definición dunha estratexia conxunta de mobilidade baseada na creación dunha conexión ferroviaria, pero tamén na mellora das comunicacións por estrada.

Pero os rexedores tamén pensan en temas de mobilidade de persoas, tendo en conta o volume total de poboación -preto de 75.000 habitantes- e o potencial de creación de emprego dos catro parques empresariais situados neste eixo. “O importante é que aquí vense vivir e traballar”.

Así, os tres concellos asinarán un convenio de colaboración para a redacción do documento, coa finalidade de presentalo ás administracións competentes -Xunta de Galicia e Goberno de España- e poder optar a fondos europeos para o seu financiamento.

Comentarios