O alumnado do IES Agra Leborís vive o sentir do refuxiado cos Pallasos en Rebeldía

10:43 18/10/24
Tremendamente inmersiva a experiencia que gozaron e sufriron onte o alumnado do IES Agra de Leborís da Laracha.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade escolleu o centro bergantiñán para iniciar a xira de Vía Morta, un espectáculo de teatro inmersivo escenificado por Pallasos en Rebeldía que pretende mostrar aos asistentes a realidade das persoas refuxiadas mediante unha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis.
A función teatral realizouse en horario lectivo e coa asistencia do alumnado de 4º de ESO do centro. Complementouse cunha mostra fotográfica con imaxes de Mai Saki dos campos de persoas refuxiadas que estivo exposta durante a semana no instituto. A iniciativa foi cofinanciada polo Concello e a Xunta de Galicia.