Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Amplía a fibra nas parroquias da Laracha

Amplía a fibra nas parroquias da Laracha

A empresa Teléfonica está a executar xa as obras de despregamento da rede de banda larga no termo municipal da Laracha. A xuntanza tivo lugar en O Peón (parroquia de Lestón), precisamente o punto no que comezou a executarse unha nova intervención a través da que se estenderá a rede ata Os Muíños, reforzando así a cobertura de banda larga nas parroquias de Coiro, Erboedo e Soandres.

Paralelamente, continúan en fase de execución os traballos de similares características en Estramil e na Barreira (parroquia de Torás), grazas aos que se dará servizo a esa zona. Neste caso o Concello permitiu a Telefónica empregar a canalización soterrada xa dispoñible para os diferentes servizos municipais, polo que ademais, de reforzar a cobertura de fibra óptica, tamén serán eliminados das beirarrúas os postes do tendido aéreo, o que repercutirá nunha maior comodidade para os peóns e no incremento da seguridade viaria na estrada principal de Estramil.

Outra intervención de entidade importante que se executará a continuación localízase no núcleo urbano de Paiosaco, xunto ao campo da feira, ata A Cachada (parroquia de Lestón).
Cabe lembrar que no pasado mes de maio xa se realizaran estes mesmos traballos entre o núcleo da Xesteira e a parroquia de Lemaio, afectando aquelas obras a un tramo soterrado de canalización situado na glorieta dun extremo do parque empresarial.

Os responsables de Tibar comunicaron ao Concello que Telefónica, con estas actuacións e outras de menor entidade que se levarán a cabo en diversas localizacións, prevé dotar co servizo de banda larga e fibra óptica ao cen por cen do territorio do termo municipal da Laracha.

Comentarios