Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Aprobada a ampliación do Punto Limpo do Formigueiro

Aprobada a ampliación do Punto Limpo do Formigueiro

A parcela colindante do Punto Limpo do Formigueiro, na Laracha, de máis de 5.000 m2, será integrada na instalación para aumentar os espazos e ofrecer novos servizos. Así o anuncia o Concello tras asinar o convenio coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que vai realizar unha achega de 130.000 euros para ese fin.

As obras permitirán novos servizos á cidadanía dotando ao punto limpo cun maior espazo que permitirá mellorar a xestión e as condicións de almacenamento dos residuos, como plásticos agrícolas, restos de poda, madeira, plástico duro e envases de vidro, así como zonas cubertas para novos contedores e para o acopio de cartón.

Punto Limpo

O punto limpo é un servizo gratuíto para os usuarios que ofrece a posibilidade de depositar aqueles residuos que, polas súas características específicas (volume, toxicidade, perigosidade, etc) deben recibir un tratamento especial e non poden ser depositados nos colectores de lixo habituais.

Actualmente está a disposición de todos os veciños do municipio nestes horarios:

  • Luns: 15:00 a 20:00 h.
  • Mércores e venres: 16:00 a 20:00 h
  • Sábados: 9:00 a 14:00 h.

Ademais, desde o punto limpo tamén se ofrece á cidadanía a recollida a domicilio de voluminosos, servizo gratuíto que pode solicitarse vía telefónica no 900701120.

Comentarios