Venres. 29.03.2024
El tiempo

Caión xa conta co seu equipo de socorristas

  • O Concello abre o prazo de solicitude para as axudas ás entidades, e manda o bando sobre as cachelas de San Xoán
2021.06.15.- Equipo servizo socorrismo e salvamento
Recepción do equipo servizo socorrismo e salvamento o pasado día 15 en Caión
Caión xa conta co seu equipo de socorristas

Este pasado 15 de xuño comezaba a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión. Así recibía o Concello aos membros do equipo.

Nese mesmo areal en próximas datas haberá outros sete traballadores formando a cuadrilla municipal que se encargará da limpeza por medios manuais e mantemento da praia, as súas instalacións e o entorno –vías, rúas e zonas verdes-. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, e á espera da publicar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos,En ambos casos os contratos terán unha duración de tres meses.
Son un total de 35 persoas as que formarán parte deste procedemento de selección de persoal, das cales 25 aspiran aos 5 postos de peón e outras 10, aos 2 postos de capataz.

Subvencións

O Concello informa ademais de que está aberta a convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Esta liña de axudas ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas ou que se vaian levar a cabo ao longo do ano actual, desde o 1 de xaneiro ata o 3 de decembro.

San Xoán

Finalmente, o Concello informa de que non se permitirán as fogueiras en espazos públicos, e que para facelas en espazos privados hai que presentar un documento, no que tamén se informa da normativa, pode descargarse da web municipal ou recollerse no Concello.

Comentarios