Venres. 11.10.2024
El tiempo

Campaña e obradoiro: Vai de poda na laracha

Obradoiro poda e enxerto na Laracha
Obradoiro poda e enxerto na Laracha
Campaña e obradoiro: Vai de poda na laracha

Fin de semana de poda na Laracha. Por un lado, o Concello organizou un obradoiro de poda e enxerto, que tivo lugar onte nas instalacións de Viveiros Amado. Participaron un total de 40 persoas: 20 na quenda de onte e outras 20 na primeira quenda o sábado da semana pasada. En ambos casos a duración foi de tres horas e as inscricións foron gratuítas.

Laracha- Poda árbores acceso IES Agra de Leborís
 Poda no acceso IES Agra de Leborís

Pero ademais, o Concello está en plena campaña de poda das árbores en espazos públicos municipais. As actuacións máis amplas foron as xa realizadas hai varias semanas no campo da feira de Paiosaco e tamén na Avenida Fisterra á altura das Torres de Cillobre. Nos últimos días acometeuse a poda das árbores situadas xunto ao acceso ao IES Agra de Leborís pola rúa Manuel Murguía e tamén se realizaron traballos de retirada de árbores caídas no río Anllóns á altura do Formigueiro, limpándose a canle fluvial e favorecendo a circulación da auga.

A próxima semana está previsto realizar a poda do álamo da praza xunto ao centro médico da Laracha. Tamén se levarán a cabo traballos de similares características noutras localizacións públicas do termo municipal que así o requiren, como a Praza do Concello e o parque Maximino Canedo. No paseo marítimo de Caión a intervención consistirán no rebaixe dos setos.

Comentarios