Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha ofrece novas accións formativas de busca de emprego e uso de aplicacións

Edificio Administrativo Laracha
O Centro de Capacitación Dixital da Laracha ofrece novas accións formativas de busca de emprego e uso de aplicacións

A Laracha conta nas instalacións do Edificio Administrativo cun Centro de Capacitación Dixital que está en funcionamento desde finais do ano pasado. O proxecto naceu co propósito de pechar a brecha dixital entre a poboación larachesa, facilitando as competencias dixitais a todos os cidadáns do municipio con independencia do seu perfil demográfico.

Nesta semana finaliza o primeiro plan formativo realizado no Centro de Capacitación Dixital. Constou de 30 horas de duración nas que os asistentes
recibiron formación práctica sobre o uso de dispositivos e aplicacións informáticas que facilitarán o seu día a día e lles permitirán desenvolverse nunha sociedade dixitalizada, evitando que as novas tecnoloxías sexan unha barreira para acceder ao mercado laboral, aos diferentes servizos ou comunicarse coas administracións. Por exemplo, aprenderon a empregar a aplicación do Sergas para móbiles, a realizar compras en liña e o uso das
diferentes redes sociais e da firma dixital.

Calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha que estea interesada na realización dunha acción formativa destas características pode
informarse acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha, chamando ao 981612811 ou tamén vía WhatsApp no 669963094. As sesións realizaranse en
grupos reducidos con participantes de todos os perfís.

Comentarios