O Club de Montañismo de Arteixo doa material sanitario ao Concello da Laracha

09:46 13/04/20
Continúan as mostras de solidariedade por toda a comarca. Esta ponte foi o Club de Motomontañismo Arteixo o que doou ao Concello da Laracha material de protección e sanitario formado por guantes e pantallas protectoras.
Desde o Concello da Laracha amosan o seu agradecemento ao Club de Motomontañismo Arteio pola súa colaboración, que tamén está a realizar con Concellos, entidades e asociacións doutros municipios da zona.