Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club de Salvamento da Laracha tamén colabora coa doazón de alimentos

Doazón alimentos na Laracha polo Club Salvamento
O Club de Salvamento da Laracha tamén colabora coa doazón de alimentos

Espectacular a resposta do tecido social da Laracha, que dende o comezo da pandemia se volcou en axudar aos veciños que máis o necesitan. Esta semana aínda chegou unha nova doazón de alimentosaos Servizos Sociais municipais, da man do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) .

A entrega fíxose por representantes da directiva e adestradores da entidade ao alcalde, José Manuel López Varela, e á concelleira Rocío López.

O lote está formado por 16 quilos de fariña, 64 paquetes de pasta, 16 quilos de azúcar, 32 quilos de arroz, 48 packs de salsa de tomate, 16 botes de xudía en conserva, 16 paquetes de garabanzos, 16 paquetes de lentellas, 16 botes de cacao soluble, 16 paquetes de magdalenas, 32 paquetes de galletas, 32 litros de aceite de xirasol, 16 litros de aceite de oliva, 58 latas de atún e 96 litros de leite.

Unha vez máis, o Concello agradece este tipo de iniciativas que contribúen a garantir que as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade poidan cubrir as súas necesidades alimentarias básicas.

Comentarios