Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comezaron as obras da parada de taxis da Laracha

Comezaron as obras da parada de taxis da Laracha

Comezaron as obras para transformar a parada de taxis existente a carón da Praza do Concello, na céntrica Avenida de Caión da capital municipal. A actuación, valorada en 30.000 euros, será financiada integramente con fondos municipais.

Actualmente a parada de taxis conta con prazas de estacionamento en diagonal entre a zona de circulación e unha beirarrúa dun metro de amplitude que dá acceso á Praza do Concello. O proxecto contempla recolocar as prazas da parada de taxis para realizar o estacionamento en liña, gañándose así un espazo que permitirá ampliar a beirarrúa ata o dobre da anchura actual e aumentar o espazo de separación entre a zona de estacionamento e o ámbito de circulación.

Ademais, crearase unha nova marquesiña xunto á parada en substitución das cabinas telefónicas para aumentar a comodidade dos usuarios durante o tempo de espera dos vehículos e tamén dos taxistas no momento de atención das chamadas. A actuación deseñada polo Concello está valorada en preto de 30.000 euros e será financiada integramente con fondos propios municipais.

Novas relacionadas

Comentarios