Recunchos da Costa: A Praia de Balarés
Aínda, por evidente, non tiñamos recollido no noso Mapa dos Recunchos da Costa, a praia de Balarés. Malia que se bota de menos o chiringuito, pechado por segundo ano pola falta de concreción da concesión, o areal, con Bandeira Azul (aínda que os servizos ás veces non son os mellores), é un espazo é un dos mellores lugares da provincia para facer un picnic no seu marabilloso piñeiral, cunha boa xeira de mesas de pedra, e unha sombra sen parangón.
Situado debaixo do miradoiro do Monte Branco, e moi preto do complexo dunar da Barra ao que se chega facilmente a través do Camiño dos Faros, vixía a desembocadura do río Anllóns en plena ría de Corme e Laxe, resgardado do océano e do nordés.
Durante anos acolleu un marabilloso festival, o V de Valarés que recolle a vella demanda veciñal de nomear o areal co seu teórico "v" etimolóxico.


