Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cortada unha estrada da parroquia de Lendo por un socavón

  • O pleno deste venres levará a aprobación do POS+2023
  • Caión acolle unha exposición do coristanqués Luís Lista
Cortada unha estrada da parroquia de Lendo por un socavón

A Policía Local da Laracha cortou á circulación esta pasada mañá de mércores a estrada da parroquia de Lendo que comunica os núcleos de A Torre e Lexas tras detectarse un socavón no centro da calzada que impide o tránsito dos vehículos con garantía de seguridade.

Como vía de acceso alternativa establécese a estrada do parque empresarial en dirección a O Campo da Porta.

Pleno este venres

Ademais, o Concello informa da orde do día do pleno deste venres 27 de xaneiro, no que destaca a proposta de elección do/a xuíz/a de paz substituto/a, e a aprobación do POS+ 2023.

Exposición

O centro sociocomunitario de Caión acollerá do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro a mostra de pintura “O comezo...” composta por unha quincena de obras de Luis Lista. O coristanqués Luis Lista é pintor afeccionado e autodidacta. Aínda que esta será a súa primeira exposición, as súas inquedanzas artísticas veñen de moi atrás xa que cando contaba só con 6 anos de idade realizou o seu primeiro caderno de debuxo.
A inauguración da mostra será o luns 30 de xaneiro ás 17:00 horas. Poderá visitarse ata o 10 de febreiro de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas no primeiro andar do centro sociocomunitario de Caión.

Comentarios