Denuncian a presencia, dende hai meses, dunha marea de madeira nunha estrada de Soandres
Xa hai meses que, despois da tala dun bosque, a madeira fica esparexida pola estrada de Soandres. A veciñanza trasladoulle ao BNG a queixa en diferentes ocasións, lamentando a situación no cruce da Tapia e Maunlle.
A veciñanza denuncia que mesmo romperon unha sinal de stop, quedando só o pau de ferro no medio da masa forestal caída.
Dende o BNG lembran que ”o concello da Laracha conta cunha ordenanza na que se especifica moi clariño que as empresas teñen que deixar limpas as estradas e camiños despois dos traballos de retirada da madeira dos montes, o prazo no que o teñen que facer, e as sancións que pode impór o concello cando iso non se cumpre”.
Por iso instan “ao goberno municipal a tomar as medidas oportunas para facer cumprir esa ordenanza”.