Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O depósito de neumáticos de Lendo, ao Parlamento

Vertedoiro de neumaticos de Lendo.Laracha
Estado actual do vertedoiro de de neumáticos de Lendo
O depósito de neumáticos de Lendo, ao Parlamento

Volveu sacar o BNG o necesario desmantelamento do depósito de pneumáticos acumulados no depósito de Lendo da Laracha. Unha operacion que debía estar rematada en 2018, tras case 30 anos de acumulación. Un vertedoiro, que chegou a ter 35.000 toneladas de neumáticos en 2016, “o maior depósito de rodas fóra de uso de toda Galiza”, e que incumpre todas as normativas europeas en materia medioambiental.

Foi o deputado nacionalista Daniel Pérez o que levou o asunto ao Parlamento, para urxir á Xunta que remate coa retirada, cumplindo co marco do Plan de Xestión de Residuos Industriais.

As últimas cifras, de febreiro de 2019, recoñecidas pola Xunta, sinalaban que só estaban retiradas 13.000 toneladas, aínda que se comprometía a rematar o proceso ao longo do ano. “Pero a día de hoxe, catro anos despois dende o inicio da retirada das rodas, a acumulación de pneumáticos en Lendo segue a ser unha realidade”, reprochou, para a continuación afear as escusas ofrecidas polo Executivo autonómico para xustificar o retraso pola crise sanitaria.

Pérez tamén recordou que o cemiterio de rodas da Laracha está localizado nunha finca do grupo empresarial Campo que, segundo recalcou, “alén do presumíbel aproveitamento económico que puido sacar desta actividade de depósito durante máis de 20 anos”, saíu beneficiada coa retirada dado que, unha vez sexa rematada, “disporá dunha finca libre ao lado do polígono”.

Comentarios