Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Doble cita formativa na Laracha sobre o cultivo de soutos

Xornadas Formativas Laracha Castineira
Doble cita formativa na Laracha sobre o cultivo de soutos

A Laracha acollerá neste verán dúas novas xornadas formativas en materia forestal que impartirá persoal técnico do Centro Agroforestal do ourensano Concello de Riós. Farase coa colaboración da Consellería do Medio Rural e a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A primeira cita será o 12 de xullo cunha sesión centrada no manexo do souto -terreo poboado por castiñeiros-. Exporanse cuestións como o enxertado, os diferentes tipos de poda e a mellor maneira de facela, rega, abonado e fertilización, mantemento do solo e a mecanización para a recollida das castañas.

O 4 de agosto a formación centrarase nas pragas e doenzas do castiñeiro. Exporanse as principais ameazas para esta variedade de árbores e os modos de actuar para combatelas.

Ambas sesións formativas serán teóricas e impartidas en horario de 10:00 a 14:00 horas. Darán continuidade á outra xornada sobre a planificación para a plantación de castiñeiros realizada a principios de xuño. Sen embargo, cada acción é independente ao abordar cuestións de diversa índole, polo que non se require ter participado nas anteriores para poder asistir.

Estas xornadas van dirixidas especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

A inscrición, que é gratuíta e debe formalizarse no Concello.

Comentarios