Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Exposición histórica dos Troles, na Praza do Concello da Laracha

EXPOSICIÓN Troles Laracha
A Exposición histórica dos Troles, na Praza do Concello da Laracha

Desde hoxe e durante 15 días a Praza do Concello acollerá a exposición itinerante ao aire libre: “50 anos sen troles”, coincidindo co quincuaxéximo aniversario da desaparición do que foi o principal medio de comunicación
durante moitos anos.
A exposición é unha iniciativa da A.C. Lumieira e o Concello de Carballo.
A mostra inclúe dez expositores con información escrita, fotografías e material recompilado polo profesor e historiador Xan Fraga Rodríguez, autor de varios libros sobre o Trolebús e o tranvía.

Comentarios