Martes. 19.03.2024
El tiempo

Falece un motorista tras sufrir un accidente na Laracha

rotonda do Cancelo da Laracha
O accidente tivo lugar na rotonda do Cancelo
Falece un motorista tras sufrir un accidente na Laracha

Esta pasada noite de sábado a domingo, un home perdía a vida tras sufrir un accidente de moto na Laracha. O suceso acontecía arredor das 0:00h, na rotonda do Cancelo, a que une o casco urbano coa autopista.

Unha testemuña avisou ao 112 que pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico, ademais, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Carballo.
Pese aos intentos de reanimación, por parte dos profesionais sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida, e nada máis chegar ao lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do varón.

Segundo unha testemuña, a moto non faría a rotonda e batía contra unha sinal no medio da rotonda e un petril de formigón, quedando no medio do carril, que tivo que ser pechado durante màis dunha hora.

Comentarios