Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Guía de recursos que a Laracha colleita para mulleres vítimas de violencia de xénero

Estamos contigo-Campana Vitimas Violencia Xenero-Telefonos
A Guía de recursos que a Laracha colleita para mulleres vítimas de violencia de xénero

Non para o departamento de servizos sociais municipal, que é o que está a presentar unha maior carga de traballo durante a alerta sanitaria. Aínda que nos próximos catro días (Xoves e Venres Santos e durante a fin de semana) o edificio administrativo permanecerá pechado, o teléfono de servizos sociais (981612811) continuará operativo para atender cuestións de urxencia e ofrecer atención psicosocial. A partir do luns reforzaranse as quendas de traballo establecidas neste departamento.

Pero un dos temas máis importantes nestas datas de corentena, é a situación das mullleres que estean sufrindo violencia de xénero. Uns momentos moi complicados, pois non hai lugar para agocharse e pedir axuda, de aí que sexa unha información moi importante.

Servizos de información e asesoramento

  • Centro de Información ás Mulleres (CIM): información sobre recursos, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico: Tlf: 981612811 / 686995479 / Email: [email protected].
  • Teléfono da Muller: 900 400 273.
  • Atención a vítimas de violencia de xénero: 016 / Email: [email protected].
  • Apoio psicolóxico a través de WhatsApp: 682916136 / 682508507.

Teléfonos ante situacións de emerxencia

  • Emerxencias: 112.
  • Garda Civil: 062 / 981605009.
  • Policía Local: 686995477.

No caso de que non poidas realizar unha chamada e esteas nunha situación de perigo

  • Utiliza a APP ALERTCOPS, desde a que podes enviar desde o teu móbil unha sinal de alerta á policía e/ou Garda Civil coa túa localización. Para isto descarga previamente esta aplicación gratuíta no teu móbil.

No caso de que non teñas acceso a realizar unha chamada nin acceso a internet

  • Busca axuda e apoio nas veciñas e veciños, no persoal dos establecementos que permanecen abertos (Farmacias, supermercados, panaderías, tendas de alimentación), estas persoas poden contactar cos servizos dispoñibles para o teu caso e facer por ti esa chamada que che permitirá saír da situación na que estas vivindo.
  • Colaboración cidadá: Queremos neste punto facer un chamamento especial a cidadanía porque a súa colaboración nestes casos é fundamental para apoiar ás mulleres que sofren violencia de xénero porque non é un problema privado é un problema que nos incumbe a todas e a todos.

Campaña: Estamos contigo, do Ministerio de Igualdade

Guía de actuación para mulleres que están sufrindo violencia de xénero, na que se inclúen servizos xerais e onde se responden preguntas sobre dúbidas frecuentes que poden xurdir, así como material gráfico destinado a comunidades, establecementos, transporte público e para publicar en redes sociais: Páxina con Saída Rápida do Goberno.

Ensino

Na comisión de seguimento deuse conta, tamén, da coordinación entre o Concello da Laracha es os equipos directivos dos centros de ensino (IES Agra de Leborís e CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) para atender calquera necesidade educativa que poida presentar o alumnado. Material da Xunta de Galicia.

Comentarios