Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Hoxe abre a Oficina de Turismo de Caión

Apertura Oficina Turismo Caion
Hoxe abre a Oficina de Turismo de Caión

Hoxe venres, coa chegada do mes de xullo, o Concello da Laracha volverá prestar o servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

O horario de apertura ao público será:
    •    Luns: 15:30 a 18:00 h.
    •    Martes a venres: 9:00 a 14:00 h e 15:30 a 18:00 h.
    •    Sábado: 9:00 a 14:00 h.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante o verán. Posteriormente será reubicada na capital municipal.
 

Comentarios