Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Laracha acolle un curso de defensa persoal para mulleres

curso de defensa persoal para mulleres Laracha 1.
Laracha acolle un curso de defensa persoal para mulleres

 O Concello da Laracha ten aberto o prazo de inscrición para o curso de defensa persoal para a muller que se realizará en catro sesións os sábados 6, 13, 20 e 27 de maio en horario de tarde (17:00 a 18:30 h) nas instalacións do baixo da biblioteca municipal. Será impartido polo club Amigos del Judo Laracha, contándose con instrutores titulados na materia pola Federación Galega de Judo e por persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado.

A iniciativa vai dirixida a mulleres maiores de 15 anos de idade. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse ata o 3 de maio no Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, situado no edificio administrativo, ou ben no teléfono 981612811.
 

curso de defensa persoal para mulleres Laracha copia

Comentarios