Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Laracha fai un chamamento para que a mocidade se sume á doar sangue

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, presentaron hoxe no Concello a campaña de verán de doazón de sangue
A Laracha fai un chamamento para que a mocidade se sume á doar sangue

A unidade móbil de ADOS estará neste verán na Laracha, Paiosaco e Caión 21 de xullo de 2021, nunha campaña que ten o lema ‘Tres millóns de grazas’, que fai referencia á cifra de doazóns que se realizaron en Galicia desde a creación do organismo en 1993.

Os datos da Laracha

Segundo os datos achegados por ADOS, A Laracha mantense entre os municipios da Costa da Morte con mellores cifras de doazón e presenta un incremento dun dez por cento con respecto ao ano anterior. Como cifras concretas, no ano pasado nas unidades móbiles medicalizadas desprazadas ao termo municipal da Laracha realizáronse 561 doazóns (508 en 2020), cunha
taxa de 49 por cada mil habitantes (45 en 2020), o que supón once puntos máis que a media da bisbarra. Ante os datos que se están a rexistrar nos primeiros meses de 2022 e o incremento no número de doazóns con respecto ao exercicio anterior, a directora da ADOS prevé que A Laracha podería recuperar as cifras anteriores á pandemia do coronavirus, cando a taxa chegou a ser de 51 doazóns por cada mil habitantes no ano 2019.

Fixeron fincapé na necesidade de facer chegar a campaña á xuventude dado que “no ano pasado soamente incorporamos un novo doante no municipio”.

Concluíu informando que nestes momentos os grupos que prevalecen son o A+ e o 0+ por tratarse dos que presentan un maior consumo, e que “aínda que os hospitais están a plena actividade, non podemos baixar a garda coas doazóns”.

Onde doar en verán na Laracha

Doazon sangue Laracha

A Laracha (Praza do Concello).

  •  Martes 26 e Mércores 27 de Xullo: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 h.
  •  Venres 26 de Agosto: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 h.
  •  Sábado 27 de Agosto: 10:00 a 14:00 h.

Caión (Praza Eduardo Vila Fano)

  • Martes 9 de Agosto: 16:00 a 18:00 h.

Paiosaco (Campo da Feira)

  • Martes 9 de Agosto: 19:00 a 21:00 h.

Comentarios