martes. 14.07.2026
El tiempo

Unha cadea humana de 200 veciñ@s contra a planta de biogás de Soandres

Cadea humana de Stop Biogas Laracha 2
Unha cadea humana de 200 veciñ@s contra a planta de biogás de Soandres

Continúa mobilizándose a veciñanza da Laracha contra a macroplanta de biogás na parroquia de Soandres. Este luns, 200 veceiños e veciñas da zona secundaron á convocatoria da Plataforma Stop Biogás Laracha e se achegaron a unha finca privada, a carón da ubicación onde se proxecta a planta, para amosar de novo o seu rexeitamento a este proxecto,

Foi a través dunha cadea humana e berrando: “Biogás aquí non, porque a localización non é a axeitada e Biogás así non, porque estas macroplantas xestionan residuos non xerados na contorna e danan a biodiversidade do río e dos acuíferos”, afirman.

Cadea humana de Stop Biogas Laracha 4

Amosaron tamén a súa preocupación polo grave problema de seca e da falta de caudal continuo, no punto do río Anllóns onde a planta de biogás chegaría a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos, co grave impacto que suporía para o propio río, a súa biodiversidade e á saúde de milleiros de persoas das poboacións dos concellos que atravesa o Anllóns e que usan a auga deste río.
‘Non imos parar, manteremos viva a nosa loita ata que este proxecto se paralice’- afirman dende a Plataforma.

Despois dun proceso de alegacións, de numerosas reunións con entidades, expertos e institucións públicas, e dunha manifestación histórica na Laracha, a veciñanza continuará con diversas actividades e accións como o actual proceso de creación dunha Asociación veciñal, ecoloxista e cultural, así como asesoramentos legais e xurídicos para loitar por todas as vías contra este proxecto.

Cadea humana de Stop Biogas Laracha

Máis novas

Comentarios