A Laracha caolle unha proba da Copa de España de ciclismo paralímpico
O próximo 15 de xullo A Laracha convertirase na capital do ciclismo paralímpico acollendo unha das probas da Copa de España desta modalidade. O Club Ciclista Riazor en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e o Concello organizan esta proba.
A proba será de tipo ruta, contando cun circuíto pechado de 5,3 km de percorrido, para todas as categorías. Consistirá en facer o circuíto durante 1 hora máis unha volta. Esta última volta marcaráa o primeiro corredor que cruce por meta pasada a primeira hora, soando a campá para marcar dita volta e o remate da proba.
A competición comezará ás 16.00 h cunha proba en ruta para as diferentes categorías de bicicletas e tandems na explanada do Adro de Vilaño. Posteriormente será a saída das handbikes e triciclos.