Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laracha clausura un Obradoiro pensando no seguinte

Foto Obradoiro
Clausura do Obradoiro dual da Laracha
Laracha clausura un Obradoiro pensando no seguinte

Especializado está o Concello da Laracha en aproveitar as posibilidades que a Xunta ofrece a través dos Obradoiros de Emprego. Esa iniciativa que forma e emprega a un tempo, ofrecendo unha profesión á mocidade de cada concello mentres ademais cobra un soldo.

Este mércores tiña lugar a clausura do Obradoiro dual que formou a 20 persoas (e permitiu ter outros 5 empregos) durante 6 meses en oficios. O Concello aproveitou moito este Obradoiro, e os alumn@st-traballadores desenvolveron accións como o acondicionamento e mantemento das zonas verdes do Polígono Industrial da Laracha de propiedade municipal, o acondicionamento do entorno do Viveiro Industrial, mantemento do paseo fluvial do río Anllóns, mellora da Área Recreativa de Gabenlle e do entorno do Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar.

Novo Obradoiro

A Laracha. A Coruña
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausura o obradoiro de emprego A Laracha VI.
22/09/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
O alcalde José Manuel López Varela e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana

Sen tempo, a Xunta anuncio o novo Laracha VII como unha nova ferramenta para a empregabilidade. O Obradoiro comezará o próximo 15 de outubro, con data de remate prevista o 14 de xullo de 2022. Nesta ocasión, garantirase formación e a posible contratación de 20 persoas que se especializarán en atención sociosanitaria a dependentes en institucións sociais e en pintura industrial en construción.

Entre outras actuacións, o desenvolvemento desta actividade permitirá mellorar a pintura dos centros socioculturais de Lestón en As Rañeiras e de Golmar en Lamas. Tamén se mellorará a cuberta das gradas do campo de fútbol de Paiosaco, depósitos de auga en Caión e as fachadas do antiguo matadoiro.
O alumnado de atención sociosanitaria, pola súa banda, colaborará coas institucións sociais do Consorcio Galego de Igualdade dos concellos da Laracha e Arteixo.

Para optar ás prazas póñanse en contacto co Concello.

Comentarios