Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laracha comeza a campaña de reciclado de aceites

Xa son 12 os colectores instalados en todo o termo municipal
Laracha comeza a campaña de reciclado de aceites

Unha vez instalados 12 colectores, a Feira de Paiosaco dos mércores será o punto de inicio da campaña informativa sobre a reciclaxe de aceites domésticos na Laracha,. De 10:30 a 13:30 haberá un posto informativo no que se repartirán embudos de balde entre a cidadanía precisamente para facilitar a separación do aceite de cociña para o seu posterior tratamento.

Non será a única cita informativa. Ao longo do mes de setembro realizaranse iniciativas de similares características nos núcleos da Laracha (día 8 na Praza do Concello e día 22 xunto ao centro médico) e en Caión (día 15).

Os colectores laranxas, onde se deben depositar botellas de plástico ben pechadas, están situados en:

  • Laracha (Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico, así como na estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre),
  • Paiosaco (campo da feira).
  • Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua),
  • Urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño).

Comentarios