Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Laracha doa, aínda máis, por verán

A Laracha doa, aínda máis, por verán

A taxa de doazón de sangue da Laracha é tan alta (a maior de toda a comarca de Bergantiños con 45 por cada 1.000 habitantes en 2020, ) que ata a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, se achega á vila para presentar unha campaña de verán. Xunto co alcalde José Manuel López Varela, presentouse diante da unidade móbil que xa estivo onte e que volve hoxe (de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas) á Praza do Concello, a campaña de verán.

Unha campaña moi necesaria por varios puntos: baixan as doazóns en puntos fixos, e hai mái accidentes.

Aproteitou a Directora de ADOS para agradecer á veciñanza da Laracha por estar 10 puntos a media comarcal e 16 sobre media galega, chegando a realizar, por exemplo, 508 doazóns o pasado ano nas unidades móbiles desprazadas.
En calquera caso o reto de atraer á xente nova segue a ser importante.

Tamén apuntou que os grupos sanguíneos que presentan un menor volume de reservas e, por tanto, unha maior necesidade de doazóns no momento actual son os 0+, 0- e B+.

A finais de agosto está previsto que tamén se desprace ata Paiosaco e Caión. Pódese reservar cita previa para realizar a doazón na hora máis conveniente chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Voluntariado

E se doar é voluntario, tamén abre ata o luns 26, o prazo de inscrición para que mozos de entre 16 e 30 anos de idade poidan solicitar a súa participación no programa de voluntariado xuvenil que se porá en marcha no municipio co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Os voluntari@s recibirán, ademais da formación e orientación, un diploma, e unha compensación económica diaria que cubrirá os gastos de manutención e transporte.

Comentarios