sábado. 15.02.2025
El tiempo

A Laracha expón á Xunta as necesidades dos centros educativos

  • O Concello asina con Arteixo un convenio para renovar a rede viaria do lugar da Esquipa
Reunion alcalde Laracha con Belen docampo
Reunion alcalde Laracha con Belen docampo
A Laracha expón á Xunta as necesidades dos centros educativos

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse onte co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela. No encontro repasaron as necesidades dos centros educativos do municipio, concretamente, dos CEIP Ramón Otero Pedrayo e Alfredo Brañas e do IES Agra de Leboris.
Analizaron ademais o proxecto de mellora dos accesos ao CEIP Ramón Otero Pedrayo.

A delegada inforou das axudas para os CIM.

Obras na Esquipa

Así mesmo, o Concello aprobará un convenio co Concello de Arteixo para a execución conxunta da obra que permitirá acometer melloras na rede viaria e crear a rede de saneamento no núcleo da Esquipa, que é limítrofe entre ambos municipios, pertencendo a parte larachesa á parroquia de Lendo.

A Laracha delegará en Arteixo a licitación do proxecto e o procedemento de contratación das obras dado que a maior parte da intervención, o 75%, afectará ao seu territorio.
Contémplase levar o servizo de saneamento mediante a creación da rede de sumidoiros e dunha estación depuradora de augas residuais. Ademais, vai ser ampliada a plataforma da calzada e mellorada a estrada.

O proxecto está valorado nun total de 510.000 euros e será subvencionado nun 50 % pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local para investimentos de carácter estratéxico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Á Laracha corresponderáll achegar 63.436,75 euros.

Comentarios