Laracha parepara un curso en liña sobre Transformación Dixital

10:42 05/05/20
Interesante proposta formativa do Concello da Laracha. Un curso online sobre Transformación Dixital para empresarios, emprendedores e todas as persoas empadroadas no concello que queiran aprender como son os novos tempos dixitais.
Cómpre ter in ordenador ou tablet e de conexión a internet.
A acción formativa comezará o 11 de maio, terá unha duración de catro semanas e pretende ser unha chave para mostrar opcións laborais que existen hoxe no mercado galego.
As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa preinscrición, que é gratuíta, cubrindo este formulario online que estará dispoñible na web do Concello (www.alaracha.gal) desde mañá e ata o 7 de maio.