A Laracha preparase para doar sangue por verán
Boa e necesaria a campaña para animar á veciñanza a doar de sangue na Laracha. Porque a realidade é que manter as reservas de sangue para garantir a labor dos hospitais galegos, cómpre facer algo e o Concello e ADOS, impulsarán nos meses de xullo e agosto a participación da veciñanza nas campañas de doazón de sangue dentro da campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista” acercando unha unidade móbil aos tres núcleos urbanos.
A unidade móbil de ADOS estará neste verán na Laracha, Paiosaco e Caión, nas seguintes datas e lugares:
Ante a constante necesidade dep>
A Laracha (Praza do Concello).
- Venres 14 Xullo: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
- Martes 1 Agosto: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
Caión (Praza Eduardo Vila Fano)
- Mércores 2 de Agosto: 16:00 a 18:30 h.
Paiosaco (Campo da Feira)
- Mércores 2 de Agosto: 19:00 a 21:00 h.
Boa cifras dos laraches@s
Desde ADOS salientouse o talante solidario dos veciños e veciñas da Laracha que ao longo do ano 2022, efectuaron un total de 649 doazóns de sangue, o que representa unha taxa de 56 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, o que indica un aumento do 7% con respecto do ano 2021.