venres. 06.12.2024
El tiempo

A Laracha quere recuperar a Casa Reitoral de Montemaio como centro comunitario

Casa Reitoral de Montemaior
Casa Reitoral de Montemaior
A Laracha quere recuperar a Casa Reitoral de Montemaio como centro comunitario

Interesante proposta do Concello da Laracha para rehabilitar e convertir nun centro social a Casa Reitoral de Montemaior. Un edificio en estado bastante precario, para o que o Concello necesita 712.808,10 euros, que se podería financiar a través do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes impulsado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O Concello quere realizar completo proxecto para convertilo nun punto de encontro para os veciños, nun albergue xuvenil e nun centro de referencia para o sector primario.
Ademais de funcionar como albergue xuvenil, o que permitiría reforzar a participación do Concello en programas de intercambio e voluntariado nacionais e internacionais (de feito estes días hai un grupo de moz@s procedentes de Italia, Grecia, Lituania, Portugal e Letonia), a instalación contaría co equipamento e espazos necesarios para albergar actividades de interese xeral para a veciñanza e acoller diversidade de iniciativas relacionadas, principalmente, coa agricultura en particular e a posta en valor do sector primario en xeral.

O asunto foi aprobado no pleno deste venres, por unanimidade.

Comentarios