luns. 01.12.2025
El tiempo

A Laracha recibe, por cuarta vez, a Bandeira Verde

2025.10.14.- Bandeira Verde para o Concello da Laracha
O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recolleu onte a Bandeira Verde para o Concello da Laracha
A Laracha recibe, por cuarta vez, a Bandeira Verde

Volve recibir, por cuarta vez, o Concello da Laracha a Bandeira Verde de Galicia coa que a Xunta premia aos municipios que destacan polo seu labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente. O acto celebrouse no concello pontevedrés de Mos.

Neste ano son 33 os municipios da comunidade que obteñen este recoñecemento ao ser considerados como os máis dinámicos neste eido por desenvolver boas prácticas para o coidado da contorna, o respecto da paisaxe, a minoración das emisións de CO2 e a redución do consumo enerxético. A Laracha recíbeo por cuarto ano consecutivo.

Entra as accións levadas a cabo polo Concello e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar a decidida aposta para mellora da eficiencia enerxética mediante a substitución de luminarias por outras LED e os proxectos de instalación de paneis fotovoltaicos para abastecer a edificios e instalacións municipais; o proxecto Alanat dirixido á conservación medioambiental de espazos naturais; a posta en valor do Castro de Montes Claros e da ribeira de San Fins; a xestión dos residuos e o fomento da compostaxe doméstica; a homologación da ruta polo río Bradoso; a creación do Plan de Mobilidade Sostible (PMUS); a humanización e mellora da accesibilidade nas rúas dos núcleos urbanos; e a

Comentarios