Sábado. 28.05.2022
El tiempo

A Laracha recupera as actividades municipais o 1 de febreiro

BIblioteca de Caion
A BIblioteca de Caión recupera as actividades
A Laracha recupera as actividades municipais o 1 de febreiro

Tras aprazarse o regreso tralas festas de Nadal debido á incidencia do coronavirus, o Concello da Laracha reanudará as actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2021-2022, no que participan máis dun milleiro de veciñ@s, o martes da próxima semana, día 1 de febreiro.

No caso das actividades para nenos, retómanse as de fútbol sala, informática, manualidades e debuxo, patinaxe, robótica e gaming, teatro, voleibol, xadrez e zumba kids. Ademais, comezarán as de pequecociña e tiro con arco.

No caso das actividades para persoas adultas regresan o aeróbic, encaixe de palillos, informática, ioga, labores de tecido, memoria e alfabetización, restauración e tapicería, pilates e ximnasia de mantemento, e principia bailes latinos.

O comezo dos cursos de iniciación a internet e emprego do paquete Office queda adiado ata o mes de marzo, unha vez estea rematado o curso de iniciación á informática que se viña impartindo desde novembro e que non será posible rematar en xaneiro como estaba inicialmente previsto.
 

comentarios