Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Laracha tamén centra os investimentos do POS na mellora da rede viaria

Captura do Maps por Rano de 2011
Captura do Maps por Raño de 2011
A Laracha tamén centra os investimentos do POS na mellora da rede viaria

O pleno do vindeiro venres votará a proposta do goberno local para o Plan Único Concellos POS+2022 da Deputación da Coruña. O Concello percibirá en total preto de 820.000 euros divididos en tres achegas con diferentes finalidades: 423.382,43 euros destinaríanse a obras de investimento, 293.515,02 serían para gasto corrente e 102.730,26 euros corresponden ao POS+ Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

Os investimentos céntranse na mellora da rede viaria municipal:

  • Lendo: núcleos de O Canle, O Cruceiro Novo (inclúe mellora da rede de pluviais) e Samiráns.
  • Torás: núcleos de A Portela e A Barreira e estrada entre a Avenida de Caión e O Campo.
  • Vilaño: núcleos de os Meáns e O Formigueiro e estrada desde A Botica ata O Pino.
  • Montemaior: núcleo de O Raño e estrada entre A Baiuca e A Pena.
  • Cabovilaño: núcleos de A Braña e O Cancelo.
  • Coiro: núcleos de O Coto e As Meneiroas.
  • Lestón: estrada desde A Rabadeira ata O Igrexario.
  • Erboedo: núcleo de Paredes.
  • Soandres: núcleos de Borreiros e Curros.
  • Golmar: núcleo de O Igrexario
  • Soutullo: núcleos de O Vilar, Os Bidueiros e A Abeleira.

Ademais, o POS+Adicional aporta 102.730,26 euros para gastos sociais extraordinario. A idea é investilos na ampliación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), no reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais municipais e no aumento da dotación das partidas económicas destinadas ás axudas de emerxencia para persoas e familias en situación de risco de exclusión social para asegurar a cobertura das necesidades básicas.

Complementario

Ademais, o Plan complementario, que ten natureza de reserva e a súa finalidade é poder investir os créditos procedentes no caso de que a Deputación da Coruña acordase unha maior achega para o POS+ ao longo do exercicio 2022, tamén quedaría definido. Ten un orzamento total de 374,338,92 euros e inclúe actuacións nas parroquias de Lemaio (A Fontaíña e Proame), Erboedo (San Paio e O Igrexario), Coiro (A Ferrulleira), Golmar (As Talladas), Montemaior (O Penedo, A Carballa Redonda e Adrán) Soutullo (estrada entre Groba, da parroquia de Golmar, e O Vilar do Boi), Torás (estrada entre Riotorto e a vía provincial DP 0513), Lestón (Os Currais) e Caión (Cima de Vila).

As tres áreas ás que o goberno local proporá destinar ditos fondos son a

Comentarios