Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Laracha tamén recicla o aceite

Colector de aceite de cocina usado en carballo
Un dos colectores de aceite de cocina usado instalados no concello de Carballo
Laracha tamén recicla o aceite

Un novo concello únese á necesaria reciclaxe de aceite doméstico. O Concello da Laracha vén de instalar novos colectores laranxas, para evitar que o aceite usado chegue á rede de sumidoiros e contamine a auga. En próximas datas o Concello fará unha campaña informativa, e repartirá embudos para botar o aceite en botellas de plástico que poden ser introducidas nos contedores.

Os contedores están situados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha (Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico, así como na estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre), Paiosaco (campo da feira) e Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua), e tamén na urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño).

A recollida destes novos colectores será a cargo de Coregal, tal e como estaba estipulado na concesión do contrato de xestión do punto limpo.

Melloras nos coles

O 9 de setembro comezará o curso escolar 2020-2021 para o alumnado dos centros de educación infantil e primaria Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. O Concello aproveita para realizar unha serie de actuacións de mantemento, reparación e posta a punto.

Así, no CEIP Otero Pedrayo están a ser repintadas as dez aulas do segundo andar do edificio de primaria e dotando co mobiliario ao estudo da nova radio que se inaugurará no colexio. Tamén se leva a cabo a canalización soterrada para abastecer de auga potable á zona na que se sitúa o invernadoiro.

No CEIP Alfredo Brañas as principais intervencións consisten na adecuación do portalón da entrada ás necesidades indicadas pola dirección do centro e no mantemento da beirarrúa de acceso desde a rúa A Porta Santa.

No CEIP de Caión realízase unha completa actuación no ximnasio que inclúe o pulido e vernizado do parqué e tamén a pintura das paredes. Tamén será reparado o peche perimetral do patio exterior coa reposición da malla.

Comentarios