Venres. 04.10.2024
El tiempo

Levan o vertedoiro de neumáticos de Lendo ao Parlamento Galego

Vertedoiro de neumaticos de Lendo.Laracha
Así está a día de hoxe o vertedoiro de neumaticos de Lendo
Levan o vertedoiro de neumáticos de Lendo ao Parlamento Galego

Dende os anos 90 acumúlanse neumáticos usadosno instalacións do grupo Campo en Lendo (A Laracha). Un vertedoiro, que chegou a ter 35.000 toneladas de neumáticos, que incumpre todas as normativas europeas en materia medioambiental.

Ante esta eterna situación, o BNG vén de rexistrar serie de iniciativas solicitando explicacións ao goberno galego sobre o seguimento que se está a facer da súa retirada e tratamento. Son unha serie de pregunas relativas ao seguimento que se fai (se é que se fai) desde o goberno galego e unha Proposición Non de Lei na que se insta á Xunta a completar a retirada das rodas usadas o antes posible.

O alcalde López Varela sinalábanos na entrevsta realizada o pasado mes de xuño que “a licitación da Xunta para a eliminación do vertedoiro foi por 2,7 millóns e que se están cubrindo os prazos de execución para eliminar as case 35.000 toneladas que se chegaron a acumular”.
En calquera caso, o prazo de execución aprobado en 2016 era de ano e medio, pero as dificultades pola descomposición das gomas está a dificultar o traballo.

Dende agosto de 2018 non hai novidades, e o 40% total dos neumáticos que chegou a haber no vertedoro seguen alí espallados.

Comentarios