Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de medio centenar de persoas acodiron á charla de prevención de atropelos da DXT na Laracha

2023.03.01.- Charla prevención atropelos DGT Laracha
Máis de medio centenar de persoas acodiron á charla de prevención de atropelos da DXT na Laracha

A charla sobre prevención de atropelos impartida onte na Casa da Cultura da Laracha polo coordinador provincial de educación viaria da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) foi todo un éxito de participación ao asistir 55 persoas.

A iniciativa tivo por finalidade esencial informar sobre boas prácticas, normativas e consellos para aumentar a seguridade dos peóns, centrándose especificamente na prevención dos atropelos e en explicar as principais causas que os provocan e como e en que lugares son máis frecuentes para poñer o foco sobre os elementos de risco e como previlos.  

Todos os asistentes foron obsequiados cun chaleco reflectante precisamente para aumentar a súa seguridade como peóns.

Comentarios