Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Novos obradoiros sobre o uso do móbil para maiores na Laracha

smartphone-personas-mayores
Novos obradoiros sobre o uso do móbil para maiores na Laracha

O Concello da Laracha abre hoxe mércores o prazo de inscrición para os obradoiros sobre o manexo dos teléfonos móbiles intelixentes dirixidos a persoas maiores de 55 anos de idade que se impartirán durante os próximos meses nas trece parroquias do municipio.

Unha proposta, dentro do programa de envellecemento activo para bater a fenda dixital, e achegar ao mundo das tecnoloxías ao público adulto e ao colectivo da terceira idade para favorecer que poidan sacar o máximo proveito dos seus smartphones e das aplicacións que lles resulten útiles para a súa vida cotiá, sexa para a realización de trámites coas administracións, solicitar citas médicas, diversificar o tempo de ocio ou optimizar a relación e comunicación co entorno.

Cada obradoiro constará de catro sesións de hora e media de duración cada unha a impartir en horario de 9:45 a 11:15. A relación de parroquias e datas nas que se levarán a cabo é a seguinte:

• Vilaño, centro sociocultural: días 3, 7, 9 e 11 de marzo.
• Golmar, museo dos muíños: días 4, 8, 10 e 14 de marzo.
• Caión, centro social, antiga reitoral: días 15, 17, 21 e 23 de marzo.
• Lendo: días 16, 18, 22, e 24 de marzo.
• Soandres, escola da Fraga: días 25, 28, 30 de marzo e 1 de abril.
• Erboedo: días 29 e 31 de marzo, 5 e 7 de abril
• Montemaior, escola de Cumiáns: días 4, 6, 8 e 11 de abril.
• Cabovilaño: días 18, 20, 22, e 25 de abril.
• Soutullo: días 19, 21, 26, e 28 de abril.
• Coiro: días 27 e 29 de abril, 2 e 4 de maio
• A Laracha (1ª quenda), servizos múltiples: días 3, 5, 9 e 11 de maio
• A Laracha (1ª quenda), servizos múltiples: días 19, 23, 25, e 27 de maio.
• Lemaio: días 6, 10, 12 e 16 de maio.
• Paiosaco (1ª quenda), centro sociocultural: 13, 18, 20 e 24 de maio.
• Paiosaco (1ª quenda), centro sociocultural: 26 e 30 maio , 1 e 3 xuño.

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse no departamento de servizos sociais acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.

Obradoiro uso mobiles maiores laracha

Comentarios