Paiosaco recupera o teatro
A X edición da ciclo de teatro de Paiosaco, a Primavera Teatral, cega con 3 espectáculos para abril. En todo caso a celebración do programa e as condicións de acceso estarán suxeitas a posibles cambios en función da situación epidemiolóxica e das medidas sanitarias e sociais que poidan establecer as autoridades competentes.
A día de hoxe a situación sanitaria limita a asistencia de público ao 30% do aforo do auditorio do centro sociocultural da Porta Santa e estipula a obrigatoriedade de que as persoas que ocupen o patio de butacas permanezan coa máscara posta durante toda a función. As funcións serán ás 20:00h, e entrarase por orde de entrada ata completar aforo.
A primeira cita será o venres día 9 con Chola, a “IT Girl”. Laura Valverde porá en escena á protagonista da peza, unha mecánica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber.
A semana seguinte, o venres 16, a compañía Malasombra Produccións chega con “Go On!”, unha comedia protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García e dirixida por Marcos Orsi. A peza percorre e parodia os costumes, refráns, cancións e a cultura galega en xeral mediante dous intrépidos exploradores que tiveron o valor de introducirse nas descoñecidas terras galaicas a través do Camiño de Santiago.
O ciclo pecharase o venres 23 cunha versión de Mostellaria, a comedia clásica de Plauto, adaptada pola compañía teatral Corzo Producciones.