Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Parada de Taxis da Laracha terá unha mellor accesibilidade

A Parada de Taxis da Laracha terá unha mellor accesibilidade

O Concello da Laracha iniciará nos próximos días o procedemento de contratación da execución de proxecto dirixido a transformar a parada de taxis existente a carón da praza do Concello, na céntrica Avenida de Caión da capital municipal.

A actuación ten por finalidade mellorar a accesibilidade e adecuar ese espazo en beneficio de todos, tanto dos peóns como dos condutores e, por suposto, dos profesionais do sector do taxi que prestan este servizo público no termo municipal da Laracha e dos seus usuarios, dado que terán unha maior comodidade para entrar e saír dos vehículos.

O proxecto contempla recolocar as prazas da parada de taxis para realizar o estacionamento en liña, gañándose así un espazo que permitirá ampliar a beirarrúa ata o dobre da anchura actual e separar a zona de estacionamento do ámbito de circulación.
A actuación deseñada polo Concello será financiada integramente con fondos propios municipais.

Nova doazón

Mentres, o Concello quere agradecer unha nova doazón da empresa larachesa de distribución de productos agrícolas Cultiagro-Seragra, que acava de doar 350 kg de patacas para que os servizos sociais municipais os distribúan entre familias do termo municipal con escasos recursos económicos.

Comentarios