Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os pequecociñeir@s da Laracha xa preparan os seus tesouros gastronómicos

Laracha- Curso pequecociña
Os pequecociñeir@s da Laracha xa preparan os seus tesouros gastronómicos

O curso de pequecociña do programa municipal de actividades 2021-2022 xa están en marcha nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, onde unha vintena de nenos asistirán ás clases os luns de 17:00 a 19:00 horas durante os próximos catro meses.

O Curso, que se retrasou un mes pola situación pandémica, como os de bailes latinos para adultos e de tiro con arco para nenos, principiou o pasado xoves e o sábado respectivamente. As últimas actividades poranse en marcha en marzo.

Se ben a meirande parte das prazas xa están cubertas, aínda quedan prazas dispoñibles en pádel para adultos, tanto na quenda de iniciación como na de perfeccionamento. En ambos casos o horario será os sábados pola mañá e terá unha duración de tres meses, comezando o 5 de marzo.

Obradoiro de Emprego

Paralelamente, o alumnado traballador das dúas especialidades do Obradoiro de Emprego A Laracha VII realiza as primeiras intervencións prácticas despois de completarse gran parte da aprendizaxe teórica prevista neste programa dual de formación e emprego que é organizado e financiado grazas á cooperación entre o Concello da Laracha e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Comentarios