Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Piden unha a “actitude firme e proactiva” da Xunta en defensa do emprego de Celsa Atlantic Laracha

Concentracion Celsa Atlantic Laracha en 2022
Concentración dos traballadores de Celsa Atlantic Laracha en 2022
Piden unha a “actitude firme e proactiva” da Xunta en defensa do emprego de Celsa Atlantic Laracha

Tras varios anos de conflitos, a problemática laboral da siderúrxica galega Celsa Atlantic da laracha mantense viva polo “escenario de gran incerteza” logo da sentenza ditada por un Xulgado do Mercantil nº 2 de Barcelona que lle da a razón aos acredores fronte aos aínda hoxe donos da mercantil siderúrxica, a familia Rubiralta.

A sentencia do xulgado de Barcelona avala o plan de reestruturación proposto polos acredores, entre os que se atopan fondos como Deutsche Bank, Anchorage, Capital Group e Attesor Capital, e supón que estes, após unha quita e unha refinanciación da débeda, tomen o 100 % do capital desprazando aos propietarios actuais.

A sentenza afecta de cheo á planta radicada en Bergantiños, que xera preto de 200 empregos entre directos e indirectos e que, ademais, representa unha parte moi importante de volume do tráfico e mercadorías que operan no Porto da Coruña.

Así, ante esta situación, é o BNG o que vén de esixir no Parlamento Galego unha postura “firme e proactiva” en defensa da actividade e do emprego da factoría sita na Laracha. O BNG tramitou xa polo trámite de urxencia unha batería de iniciativas.“Agora mesmo a cuestión é dilucidar se a operación precisa da autorización ou non do Consello de Ministros, que é o que mantén o Executivo estatal, pero máis aló das cuestións puramente xurídicas o que está en xogo é a viabilidade futura da empresa e o mantemento do emprego nas factorías da siderúrxica”, advirte o deputado carballés Daniel Pérez.

Comentarios