Recunchos da Costa: A área recreativa de Gabenlle
As áreas fluviais son un dos tesouros menos recoñecidos da nosa comarca. As praias do litoral soen quitar protagonismo ás fluviais, a pesar de brindarnos a oportunidade de pasar un día ideal, en familia, no medio da natureza interior.
Unha das áreas fluviais máis utilizadas en Bergantiños é a área recreativa de Gabenlle, situada na parroquia de Torás, A Laracha. A apenas 500 metros do casco urbano da capital municipal, conta cunha área completísima, acompañada dun paseo de madeira fantástico pola ribeira do río Anllóns.
Área de exercicios para maiores, de columpios para os nenos, zona con numerosas mesas de merendeiros, fontes, mesmo grellas para facer churrascadas..
A área é ideal para pasar un día de verán, pero inverno tamén está así de apetecible para pasear.
Como chegar
RECUNCHOS DA COSTA
- Recunchos da Costa: O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- ROs petroglifos de Boallo.
- A ruta do Muíño de Louredo.